Saltar ao contido principal

Igrexa de San Miguel de Valga

Igrexa de San Miguel de Valga - Valga - San Miguel de Valga
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Cronoloxía
1750
Lugar
San Miguel
Concello
Valga

A igrexa parroquial de Valga, de estilo neoclásico con calvario, atópase emprazada nunha parcela anexa ao camposanto. Planta de cruz latina. Muros de perpiaños. Torre-campanario nos pés formando unha composición asimétrica, ao que se accede por unha escaleira de caracol. Na cabeceira presenta unha ábsida cuadrangular. O retablo maior coa súa Custodia foi realizado por José Benito Malvárez, mais tamén se encargou das andas para a imaxe do santo titular, así como dun marco para o frontal.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Patrimonio Galego

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-403)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.694638, -8.638504

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo