- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- Século XII
- Lugar
- A Eirexe
- Parroquia
- Santa María de Xanza
- Concello
- Valga
Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior.
O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca, que durante un tempo serviron como soporte dun pórtico emprazado no lateral sur da parroquial. A este capitel de Xanza, M. Núñez defíneo dentro do grupo dos “propiamente visigodos (...) sometidos a certas limitacións e renuncias por olvido, deterioro ou abandono, condicionados pola maior ou menor transmisión de certos principios” (1978, p. 83). Dataríase, polo tanto, cara finais do século VI ou século VII. Para este mesmo autor, Xanza estaría dentro da categoría de igrexas visigodas definidas como “oratorios rurais en dominios agrarios”.
A igrexa parroquial de Xanza consta dunha soa nave, de planta rectangular, dividida en treitos por 3 parellas de columnas, ábsida rectangular e capela maior. Sobre estas parellas de columnas, descansan os arcos faxóns que sosteñen a bóveda que cubre a igrexa. O campanario está separado da mesma. Nos séculos XVII e XVIII fóronlle acaroadas dúas capelas e a sancristía. Son salientables a pila bautismal cadrada e a Virxe pétreas, de estilo románico as dúas, do mesmo xeito que o retablo barroco do século XVIII de madeira policromada do século XVIII.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-26: GA36056016)
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-501)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.693495, -8.651566
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Capela da Virxe da Saúde
Valga, San Salvador de Setecoros
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa Comba de Louro
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arquitectura relixiosa
Capela do Pazo de Raxoi
Valga, San Miguel de Valga