- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- 1809
- Lugar
- Casal de Eirigo
- Parroquia
- San Salvador de Setecoros
- Concello
- Valga
Erguida sobre un antigo castro a 173 metros de altura, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No adro e campo da festa emprázase un cruceiro de ánimas e un palco de música reconvertido en local social, e no interior da capela pódese observar unha imaxe de San Campio de gran valor histórico-artístico e un retablo realizado por Xosé Ferreiro.
Na súa contorna tivo lugar a Batalla de Casal de Eirigo contra os franceses en 1809, motivo polo cal se construíu esta ermida, aínda que xa existía unha antiga capela anterior á batalla.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-309)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.668863, -8.630458
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa Cristina de Campaña
Valga, Santa Cristina de Campaña
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa María de Xanza
Valga, Santa María de Xanza
Arquitectura relixiosa
Capela do Pazo de Raxoi
Valga, San Miguel de Valga