Saltar ao contido principal

Escola do Forno

Escola do Forno - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Imaxe: CRA de Valga
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Forno
Concello
Valga

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos.

Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación. En Valga manteñen a actividade educativa as escolas unitarias de Ferreirós, Xanza, Campaña, Chenlo, Forno e Vilarello.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

CRA de Valga

CRA de Valga_Blog

CRA de Valga_Instagram

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.700964, -8.677081

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo