Saltar ao contido principal

Casa reitoral de San Miguel de Valga

Casa reitoral de San Miguel de Valga - Valga - San Miguel de Valga
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XVIII
Lugar
San Miguel
Concello
Valga

Emprazada nunha finca próxima á igrexa parroquial de San Miguel. Ocupa un lugar dominante do val do río Valga á beira da estrada que vai de Ponte Valga a Raxoi. A casa reitoral é un edificio de tipoloxía pacega con planta en forma de U. Os cerramentos son en fábrica de pedra e cuberta en tella do país. A finca presenta tamén outras edificacións como son alpendres, hórreo e pombal.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AC-402)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.695661, -8.637875

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo