Saltar ao contido principal

Pazo da Bouza

Pazo da Bouza - Valga - Santa María de Xanza
Imaxe: Dronix
Outras denominacións
Casa da Palma
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Baño
Concello
Valga

A finca na que se empraza, de grandes dimensións, posúe unha ampla zona arborada con numerosos exemplares de interese. Todas as construcións son de pedra. A principal ten carpinterías de madeira e cuberta de tella do país. Dentro do recinto hai outras edificacións como capela, alpendres, cocheiras, fonte, hórreo e pombal, que na súa totalidade forman un conxunto de grande interese.

O acceso faise por un camiño empedrado e emparrado, flanqueado por muretes de pedra. O emparrado é un elemento bioclimático que dá sombra ao camiñante, baixa a temperatura e crea un microclima.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AC-401)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.700524, -8.654356

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo