- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Época romana-Idade Media
- Lugar
- Reguengo
- Parroquia
- San Salvador de Setecoros
- Concello
- Valga
Este xacemento foi catalogado durante a revisión arqueolóxica das obras de construción do gasoduto Valga-Tui, debido á aparición de materiais soltos e dispersos, tanto en superficie da pista, coma nas zonas de acumulación de cascallos producidos pola apertura da zona.
En total, ao longo duns 400 metros, foron recuperados un total de 28 exemplares, correspondendo a 2 líticos (ambos de adscrición e tipoloxía indeterminadas) e 28 cerámicas. Deste último grupo, 15 anacos foron determinados como correspondentes á época medieval (14 vasillas lisas e 1 asa), 6 fragmentos de posible adscrición romana (3 tellas, 1 vasilla, 1 borde e 1 fondo), 2 anacos foron clasificados como indíxenas ou castrexos (1 borde e 1 vasilla con decoración espigada), mentres que os 3 anacos restantes foron adscritos a un momento impreciso entre a época romana e a medieval (1 fragmento de tella e 2 vasillas con posible barro vermello).
Na revisión feita para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, non se localiza ningún resto material, non observando tampouco indicios estruturais que axuden a identificar o tipo de xacemento ao que corresponden tales achados. A toponimia localizada na revisión catastral aporta nas proximidades os nomes de Redonda e Foxo (este último, reiterado en varias zonas de Valga, e asociado ás ribeiras dos ríos e regatos).
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-14: GA36056019)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.670804, -8.652544
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Viña do Castro
Valga, San Miguel de Valga
Arqueoloxía
Xacemento romano do Gandarón
Valga, San Salvador de Setecoros
Arqueoloxía
Petróglifo do Alto da Porteliña
Valga, San Miguel de Valga