Saltar ao contido principal

Petróglifo do Alto da Porteliña

Petróglifo do Alto da Porteliña - Valga - San Miguel de Valga
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
A Porteliña
Concello
Valga

Xacemento xa catalogado nos estudos previos da concentración parcelaria na parroquia de San Miguel de Valga no 2004, mais non localizado na actualidade.

No informe do 2004 describe “soporte: afloramento granítico orientado cara ó O cunhas dimensións de eixo N-S 2,5 m. E eixo L-O 1,8 m. Motivo: círculo simple con coviña central. O círculo ten unhas dimensións de 7 cm. e a coviña de 2 cm. E ambos unha profundidade mínima xa que aparece moi erosionado. Ten un dominio visual do arco SL-O”.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-37: GA36056020)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.702917, -8.594602

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo