Saltar ao contido principal

Cruceiro da Laxe Pequena

 Cruceiro da Laxe Pequena - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Ángel Luis Utrera Baza
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
A Laxe Pequena
Concello
Rianxo

Cruceiro da tipoloxía de capeliña ou loreto no lugar da Laxe Pequena.

O conxunto érguese sobre unha laxe de pedra parcialmente asfaltada en época recente. Consta dunha plataforma de tres chanzos sobre a que apoia un varal dunha soa peza de arestas rebaixadas, decorado con catro cunchas nos remates superiores dos chafráns. Capeliña con base tronco piramidal inversa e corpo superior de remate en arco de medio punto, coa imaxe da Virxe da Guadalupe. Non ten ao Neno en brazos, senón que está en actitude de orar, e ten a lúa aos seus pés. Está decorada cuns anxos alados na base inferior e baixo relevos nas caras exteriores, sendo na cara esquerda unha imaxe de San Francisco, na posterior un Cristo portando a cruz e na cara dereita a figura de Santiago. Remata o conxunto na parte superior unha cruz latina con extremos rematado en flor, no anverso a figura de Cristo coas extremidades en paralelo e cos brazos da cruz, baixo cartela de INRI.

As xentes más vellas do lugar aínda lembram o culto que se profesaba a esta imaxe, recordando como sandaban ás xentes que imploraban á Virxe.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Festas da Guadalupe

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-096)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.676890, -8.812581

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo