- Outras denominacións
- Cruceiro da Burata
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1858
- Lugar
- A Burata
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Conxunto de cruceiro da tipoloxía de crucifixo e peto de ánimas, localizados nunha finca particular que dá fronte á estrada de Taragoña, ao sur de Cuvide.
Plataforma de tres chanzos e base cadrada con toro e escocias. Fuste octogonal con imaxes no extremo inferior e capitel decorado con volutas e rostros de querubíns. Cruz de remate de sección circular e aspecto leñoso, con dúas imaxes: un Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.
Peto de ánimas composto por base prismática de granito coas arestas chafranadas sobre a que apoia unha peza con remate semicircular e imaxes na cara frontal.
O autor deste conxunto é Andrés Castaño Fernández "O Vello Santeiro de Chave”.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-109)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.685395, -8.837198
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruz Nº 1 da Igrexa de Santa María de Asados
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruz da Casa da República
Rianxo, Santa María de Isorna
Elementos relixiosos
Cruceiro do Campo de Pazos
Rianxo, San Salvador de Taragoña