Saltar ao contido principal

Capela de San Mamede

Capela de San Mamede - Rianxo - Santa Baia do Araño
Imaxe: williams gomez
Outras denominacións
Capela de Guixar-Campelo
Cronoloxía
Século XVI
Lugar
Guixar-Campelo
Concello
Rianxo

Os textos que seguen a continuación foron quitados dos perfís de Facebook de Rabunho rexeita e Xosé Comoxo Rodríguez.

Capela de reducidas dimensións da que só se conservan en pé as paredes do presbiterio, destacando o arco apuntado que permite acceder a ela. Data de finais do século XVI e os únicos veciños que asistían ao culto eran os das aldeas de Vilar, Campelo e Cerqueiras, debido á longa distancia que había até a igrexa parroquial do Araño.

En 1605, a dicir do visitador arcebispal, a capela estaba limpa e con decencia, todo grazas a Alberte Rodríguez, de Laíño, que a coidaba e tiña conta dela. Segundo ordenaba o visitador, os fregueses debían acabar de retellala e reparala debidamente. Nove anos despois, seguía limpa e a cargo dos referidos fregueses. Necesariamente, a porta debía permanecer sempre pechada “por causa de que no entre el ganado”.

Até o ano 1660, a capela continuou decente. Non tiña rendas e as reparacións eran por conta dos fregueses e da fábrica da igrexa parroquial. Nese ano, o visitador arcebispal deixou ordenado ao crego que "de aquí adelante no gaste nada para los reparos della de la azienda de la fábrica, por no tener obligación dello"; debían ser os fregueses os que aportaran as esmolas para “reparos della”. Se a capela "se enpieza arroynar se demolerá y se pondran los Santos que tubiere en la Yglesia".

Debido á falta de rendas propias, a capela comezou a deteriorarse, debido ás poucas esmolas que os devotos ofrecían. En 1740, estaba indecente e arruinada, faltándolle as portas "por la qual se introducen los ganados”.

A imaxe de San Mamede, foi trasladada para a igrexa parroquial do Araño, debido ao estado ruinoso da capela, para a súa mellor conservación.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Rabunho rexeita

Xosé Comoxo Rodríguez

La Voz de Galicia

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.736029, -8.776220

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo