- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- Séculos XVIII
- Lugar
- Sestelo
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Templo do século XVIII, ao que se lle engadiron posteriormente contrafortes exteriores e sancristía. Presenta unhas dimensións máximas exteriores de 20,45 por 14,25 metros. A planta é de cruz latina, dunha soa nave dividida en catro treitos por arcos de medio punto apoiados en pilastras e sostendo unha bóveda de canón. As capelas laterais son de planta rectangular e desiguais entre si, e presentan arco de acceso de medio punto. O último treito da nave corresponde ó presbiterio, con arcos de medio punto nos tres entrepanos e bóveda de crucería. A sancristía, nun lateral, está construída en cachotería.
No exterior destaca na fachada principal a torre-campanario, engadida nun lateral, e con acceso dende o exterior. De planta cadrada e tres corpos, con cúpula de tambor, a decoración está inspirada no barroco. O resto da fachada componse de porta con lixeiras molduras, fornela e oco rectangular. As cubertas son a dúas augas, de tella curva, e a catro augas o presbiterio.
No interior sobresaen os retablos, moi ben conservados e de gran calidade artística, e o altar maior.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-010)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.671418, -8.747598
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa María de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura relixiosa
Capela do Pazo dos Calotes
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura relixiosa
Capela de Virxe da Guadalupe
Rianxo, Santa Comba de Rianxo