- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Rianxo
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
A denominación de Casas do Remo vén porque era o remo dos mariñeiros o patrón utilizado para delimitar o tamaño das fachadas das vivendas localizadas maioritariamente na Praciña, na rúa da Praciña e na rúa de Arriba.
O texto que segue a continuación é autoría de Carlos Henrique Fernández Coto, Arquitecto da Oficina de Rehabilitación Rianxo.
Xaquín Lorenzo foi quen deu conta delas por primeira vez. Era unha tipoloxía xeneralizada pola costa galega (existen textos que falan das de Vigo e A Coruña, Sada ou Muros). Na actualidade, este tipo de casa queda reducido a poucas vilas. Rianxo é unha delas.
Chámanse así porque naceron da medida que podían tomar os mariñeiros antes da chegada das unidades convencionais de medida: o largo da fachada da casa equivalía á lonxitude do remo das súas traíñas, e servía para delimitar o predio no que se construiría a vivenda.
Compostas de dous andares (planta baixa e piso), presentaban unha fachada sinxela, con porta partida (para poder ventilar) e dúas xanelas, unha a carón da porta e outra no primeiro andar. Na parte alta da fachada tiña unha argola da que colgaban as redes que reparaban na praza.
En Rianxo, a maior concentración de Casas do Remo está situada na Praciña, espazo singular triangular, protexido dos ventos e con acceso ao mar por un pasadizo. Presidida polo Cruceiro Vello de Rianxo, moitas das súas casas daban directamente ao mar.
O ancho da maioría das casas vai desde os 2,75 metros até os 3,60, sendo a media de 3,28 metros.
Noutras rúas tamén houbo Casas do Remo, e publico tamén algunhas das situadas na rúa de Arriba, ben conservadas e unha restaurada con criterios contemporáneos na rúa do Hospital.
Referencias
Concellaría de Deporte e Patrimonio Histórico | Concello de Rianxo
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.649738, -8.819834
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa da Lagarteira
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa do Laxido
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Cine Avenida
Rianxo, Santa Comba de Rianxo