Saltar ao contido principal

Casa do Laxido

Casa do Laxido - Rianxo - Santa María de Asados
Imaxe: @A_Michinha
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
O Laxido
Concello
Rianxo

Conxunto de vivenda e anexos situados no extremo norte do lugar do Laxido, sobre o cruce do camiños. Muro de cachotaría de peche da finca con dous accesos: un ao sur a través dun volume cuberto con portada alintelada coroada por unha estatua da virxe e outro ao leste, fronte ao Cruceiro de Lustres. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito con remates en cantaría. Fachada principal ao sur con accesos en planta baixa e no segundo andar mediante unha escaleira de pedra de dous tramos que desemboca nun espazo cuberto, con varanda e pilastras de granito.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-010)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.666128, -8.801851

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo