Saltar ao contido principal

Petróglifo do Pazo de Rianxiño

Petróglifo do Pazo de Rianxiño - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Xoán Arco da Vella
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Rianxiño
Concello
Rianxo

Gravados rupestres próximos ao Pazo de Rianxiño. Os motivos dispóñense sobre unha laxe plana de granito duns 5 metros de longo por 2 de ancho, orientada L-O. A laxe atópase a uns 3 metros ao L do acceso que cruza a zona en sentido N-S.

Compóñense de:

- 5 círculos concéntricos duns 70 centímetros de diámetro situados no extremo L da laxe.

- Preto do extremo O da pedra hai unha coviña inscrita nun pequeno círculo do cal parte en sentido L-O unha liña recta duns 15 centímetros de lonxitude.

- Ao seu carón disponse un motivo de dimensións similares en forma de cruz latina tamén orientada L-O.

Todos os seus extremos están rematados por coviñas, agás o extremo O, que remata nun motivo oval. Os brazos da cruz están unidos por un semicírculo formando un motivo similar ao phi. Todo este motivo cruciforme presenta un gravado máis profundo e nidio que os outros, o cal podería ser indicativo dunha cronoloxía máis recente.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Xoán Arco da Vella

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072109)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.651859, -8.809143

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo