- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- O Montiño Agro das Pedras
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Sobre un bolo granítico de considerables dimensións, emprázanse os dous conxuntos de motivos, un xusto a media altura, nun pequeno rebaixe que posúe o bolo e que permite o acceso á parte superior.
Os motivos repártense en dous pequenos paneis, un na parte superior (panel 1), xusto ao carón do corte que presenta a rocha (cantaría tradicional), que está composto por 10 coviñas, de pequeno e mediano tamaño, dispostas sen forma aparente. É probable que o panel fose máis amplo, mais as labores tradicionais de cantaría puideron truncar a continuidade do mesmo. O panel 2 está composto por varias coviñas e trazos que semellan ser círculos concéntricos incompletos.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072125)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.671216, -8.771756
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 11 do Monte Pelotiña
Rianxo, Santa María de Asados
Arqueoloxía
Mámoa Nº 1 de Cuncha Vieira
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Mámoa Nº 7 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Asados