- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Burés
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).
Este túmulo atópase ben conservado e mide 15,30 metros no eixo NO-SL e 12,10 metros no NL-SO. Ten unha altura de metro. Presenta un burato de violación central que mide 1,60 metros (NO-SL) e 1,40 metros (NL-SO), así como ten unha profundidade de 0,60 metros. Nel consérvase un chanto de 0,85 metros de altura. A parte máis baixa da superficie tumular, no noroeste, atópase arrasada.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072071)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.693666, -8.759887
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 2 dos Campiños
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Mámoa Nº 7 do Monte da Pena
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 2 da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna