Saltar ao contido principal

Mámoa Nº 2 da Vacariza

Mámoa Nº 2 da Vacariza - Rianxo - Santa María de Isorna
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
A Vacariza
Concello
Rianxo

Conxunto de seis túmulos que se atopan nun rechán de paso entre o Monte Ceán e o Monte do Couto. Este grupo de mámoas sitúase preto da saída cara a Catoira desde a Autovía do Barbanza, á man dereita.

Este túmulo mide 15,10 metros no eixo L-O e 13,20 metros no N-S. Conserva unha altura de 0,75 metros. Presenta un burato de violación central que mide 3,60 metros (N-S) e 3,50 metros (L-O) e ten unha profundidade de 0,40 metros. A parte máis baixa da superficie tumular ao N-NO está atravesado por un valado de pedra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072081)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.682157, -8.741981

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo