Saltar ao contido principal

Mámoa de Abuín

Mámoa de Abuín - Rianxo - Santa María de Leiro
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
Abuín
Concello
Rianxo

O túmulo foi catalogado tras os incendios forestais de 2006. Na prospección realizada en febreiro de 2014 a zona atopábase cuberta de maleza alta. A mámoa localízase nunha aba orientada ao sueste. Presenta unhas dimensións de 15 metros no eixo N-S, 9 no eixo L-O e unha altura de 0,40 metros. Posúe un burato de violación de 2,43 metros no eixo N-S e 2,30 no L-O, e outro menor de 1,50 metros no eixo N-S e 1,35 no L-O. En superficie distínguense gran cantidade de pedras graníticas miúdas, posiblemente pertencentes á coiraza.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072116)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.641720, -8.781602

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo