Saltar ao contido principal

Mámoa Nº 5 dos Campiños

Mámoa Nº 5 dos Campiños - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Centro Arqueolóxico do Barbanza
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
Campo Grande
Concello
Rianxo

Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.

Mide 12,50 metros no eixo L-O e 13 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 3,50 metros (cadrado), a altura máxima do túmulo é 0,64 metros e a profundidade máxima do pozo de saqueo é 0,86 metros.

O límite do túmulo localízase xusto no borde do camiño que discorre en dirección N-S. Trátase dun túmulo escasamente prominente en altura, o que fai certamente difícil a súa identificación con vexetación.

Presenta na súa parte central un pozo de saqueo de forma cadrada, que aínda conserva os perfís verticais que puideran ser evidencias das escavacións levadas a cabo na década de 1970 pola zona. No fondo do pozo localízanse catro bloques de granito que puideran corresponderse cos restos da estrutura megalítica. Puntualmente, sobre a masa tumular, localízanse cachotes de granito que se poderían corresponder cunha coiraza de recubrimento.

Cara ao extremo leste do túmulo, atópase a liña de ruptura da pendente, e cara ao sur ábrese unha chaira coñecida como Campo Grande ou Campiños, onde se localiza o resto da necrópole (5 túmulos máis)

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Centro Arqueolóxico do Barbanza

Megaliticia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072077)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.673737, -8.766058

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo