- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Campo Grande
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.
Mide 18 metros no eixo L-O e 18,50 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 3 metros de lado (forma cadrada), a altura máxima do túmulo é 1,40 metros e a profundidade máxima do pozo de saqueo é 1,03 metros.
No pozo de saque localízanse o que puideran ser cinco lousas ou fragmentos das mesmas (no estado actual é imposible de precisar) de natureza granítica. No sector norte da masa tumular, parcialmente colmatada, que en orixe debeu medir 4 metros de longo por 1 de ancho, conservando unha fondura de aproximadamente 40 centímetros. Esta gabia lembra á localizada nas escavacións da Mámoa Nº 6 dos Campiños feita por Fábregas e De la Fuente, que en sentido radial arranca desde o exterior do túmulo e atravésao até chegar á cámara, que consideran que se realizou para a extracción das lousas de anta, dada a ausencia das mesmas no sector afectado.
A masa tumular chega ao borde oeste do camiño que percorre a chaira do Campo Grande de norte a sur. Volteada sobre a masa tumular, no sector leste, localízase unha lousa de granito fragmentada en dous (longo total dos dous fragmento 1,25 metros e 65 centímetros de ancho máximo).
A 3 metros do borde oeste do túmulo localízanse dúas posibles lousas, a simple vista bastante irregulares (eixos máximos de 1,30 metros x 1,40 metros) que non se pode descartar que orixinalmente formasen parte da estrutura megalítica.
Cara ao norte localízase un antigo camiño en sentido L-O, hoxe en desuso, que serve de separador coa Mámoa Nº 2 dos Campiños, que se atopa a 9 metros en dirección norte.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072075)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.674520, -8.766253
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 5 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 5 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Casco de Ouro de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro