Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 5 dos Campos

Petróglifo Nº 5 dos Campos - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Rianxiño
Concello
Rianxo

Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:

- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.

- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).

- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.

- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.

- Posible femia preñada.

- Cervo macho en actitude de bradar.

- Animal con aspecto de felino.

- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.

Este conxunto está formado por tres laxes con gravados rupestres, aínda que só atopamos dúas.

- Laxe 1: localízase 5 metros ao leste do valado que atravesa todo o Alto do Corniño e que está orientada cara ao sur. Mide 7,15 metros (N-S) e 1,20 metros (L-O). Está moi afectada pola erosión natural e pola extracción de pedra. O motivo está na parte central da rocha e consiste en dous zoomorfos que miran cara ao leste e miden un 30 centímetros.

- Laxe 2: está moi erosionada pola acción dos axentes naturais e do lume. Os gravados case non se aprecian, tan só se observan trazos identificables.

- Laxe 3: estaría situada 10 metros ao sur do valado e a 20 metros da laxe 2. Os gravados consistirían en dous cruciformes.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072026 )

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.653254, -8.798775

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo