Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 10 do Monte Pelotiña

Petróglifo Nº 10 do Monte Pelotiña - Rianxo - Santa María de Asados
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Monte Pelotiña
Concello
Rianxo

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza. Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Este petróglifo está insculpido sobre un batolito de granito, con orientación oeste e dominio visual preferente sobre a desembocadura do Ulla e a rasa litoral. O soporte ten unhas dimensións no eixo N-S de 7,30 m e no eixo L-O de 4. Os motivos aparecen compostos por un círculo de 18 centímetros de radio con coviña central de 5 centímetros de diámetro. A 10 centímetros deste motivo presenta unha coviña de 2 centímetros, e a 1 metro orientación norte, un grupo de 3 coviñas de 3 centímetros de diámetro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072122)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.672402, -8.776040

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo