Saltar ao contido principal

Pozo da Cornelia

Fonte e lavadoiro de Carreiras - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: POL (Plan de Ordenación do Litoral)
Lugar
Pozo da Cornelia
Concello
Pontecesures

No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).

En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (do latín petra, "pedra", préstamo do grego), todos eles aludindo ás características pedrosas da beira do río.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Os nomes de lugar en Pontecesures. Concello de Pontecesures

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.719388, -8.663640

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo