Saltar ao contido principal

Lavadoiro de San Xulián

Lavadoiro de San Xulián - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: Carlos Seoane
Lugar
San Xulián
Concello
Pontecesures

Localízase na rúa do Pilar, en San Xulián. Atópase máis baixo que a rúa que dá acceso ao mesmo, polo que ten unhas escaleiras de pedra para chegar á pía. Non se coñece o ano de construción. O lavadoiro está construído en pedra e a auga que o abastece procede dun manancial que pasa por debaixo da rúa. A pía ten 4,5 metros de longo e 2 metros de ancho, e as pedras de lavar sitúanse nos dous lados máis longos. Con posterioridade engadíuselle unha estrutura de formigón que soporta o tellado.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Lendo cos pés | CPI Pontecesures

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO 57)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.725002, -8.650485

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo