Saltar ao contido principal

Pazo da Cova

Pazo da Cova - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Outras denominacións
Casa da Coba ou Pazo da Coba
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1631
Lugar
Porto
Concello
Pontecesures

Propiedade de María Teresa Novoa Devesa, sobriña do Doutor Manuel Devesa, está situado no camiño entre o Telleiro e Porto, os terreos chegaban até Os Peiraos, incluíndo os que hoxe ocupa Nestlé. Nos anos 30, intelectuais galegos quixeron regalarllo a Ramón María del Valle Inclán, para que pasase aquí os derradeiros días da súa vida, mais o escritor declinou o ofrecemento. Posúe un escudo que contén oito liñaxes: a primeira, a Cruz de Calatrava, dos Ribadeneira ou Neira; a segunda, un castelo, que puidera ser de Castillo; a terceira, as cinco follas da figueira dos Figueroas; a cuarta, as catro barras dos Varelas; a quinta, un touro concluído; a sexta, repetición da alusión aos Figueroas; a sétima, un bolaño ou bicho jonio; e finalmente, as dúas chaves dos Quirós.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures, aprobado o 27 de xuño de 2003

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO D)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.719265, -8.653883

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo