Saltar ao contido principal

Casa da Factoría

Casa da Factoría - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
A Factoría
Concello
Pontecesures

Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data. Nesa casa viviu a mestra, pintora e ceramista Oria García Ramírez (Oria Moreno), discípula de Carlos Maside. Nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures, aprobado o 27 de xuño de 2003

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO B)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721948, -8.651825

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo