Saltar ao contido principal

Casa Castaño

Casa Castaño - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: Ramón Dimas (195X)
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Rúa Vítor García
Concello
Pontecesures

Desaparecido restaurante que era sinónimo do bo comer e unha das referencias culinarias en Galicia, por aquilo de situarse á beira da N-550. Tiña como especialidades da casa a empanada de lamprea e o biscoito saboiano, ademáis de salmón, troitas, mariscos ou a "tortilla celta", de varios pisos con legumes variadas entre eles.

Foi un dos restaurantes de referencia para moitos santiagueses, principalmente persoas de alto poder adquisitivo como empresarios, políticos ou escritores.

A estrutura orixinal do restaurante fora derrubada a principios dos anos 60 para facer a estrada de circunvalación da N-550. O establecemento pechou as súas portas no ano 1994, atopándose na actualidade nun estado ruinoso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.725465, -8.653279

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo