Saltar ao contido principal

Cruceiro de Tarrío

Cruceiro de Tarrío - Padrón - Santa María de Cruces
Imaxe: Stella Rozua e Lupe Molero
Lugar
Tarrío
Concello
Padrón

Cruceiro do tipo de cruz nunha propiedade privada no lugar de Tarrío. Comeza cunha plataforma de dous chanzos sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dúas arestas superiores chafranadas de forma convexa. O fuste comeza de forma cadrada e logo pasa a ser octogonal. Na parte cadrada ten unhas molduras. O capitel comeza cunha  moldura de forma octogonal e continúa con varias molduras máis que van crecendo en tamaña cara arriba. A cruz é de sección cadrada e ten as esquinas molduradas de forma convexa e os brazos da mesma terminan de forma potenzada. Onde se unen os dous brazos posúe unha figura circular.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.770499, -8.653871

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo