Saltar ao contido principal

Cruceiro da Matanza

Cruceiro da Matanza - Padrón - Santa María de Iria Flavia
Imaxe: Pablen Compostela Teo
Lugar
A Matanza
Concello
Padrón

Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura da cruz. Na unión dos brazos da cruz hai dous círculos concéntricos esculpidos e nas esquinas dos brazos catro figuras, unha en cada unha delas semellan ser corazóns.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.738444, -8.651515

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo