Saltar ao contido principal

Peto de ánimas de Queiruga

Peto de ánimas de Queiruga - Padrón - Santa María de Cruces
Imaxe: Xoán Arco da Vella
Lugar
Queiruga
Concello
Padrón

Está formado por un edículo construído a base de grandes perpiaños de granito e rematado en cumio a dúas augas con cornixa. Ten dúas fornelas separadas por unha columna central e que van despois dun pequeno saínte do paramento do muro, onde están dúas imaxes: a de San Francisco e a Virxe María. Están protexidas por barras de ferro que compoñen o deseño dunha cuncha de vieira. Os extremos do cumio remátase con pináculos de pedra realizados de maneira basta.

O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

O peto atópase neste lugar desde os anos 80 do século pasado. Antes estaba no lugar de San Pedro, a uns 150 metros de distancia, mais o camiño quedou abandonado ao facerse a nova estrada, polo que os veciños pediron o cambio de emprazamento.

Segundo contan veciños do lugar, as dúas figuras foron atopados no monte, o que motivou a construción do peto de ánimas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Patrimonio Galego

Cristóbal Ramírez | La Voz de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.777519, -8.644157

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo