Saltar ao contido principal

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1856
Lugar
Traxeito
Concello
Dodro

Situado na finca pertencente á casa nº 52 de Traxeito, no alto do núcleo.

A cimentación é unha repisa moi alta de cachotaría de granito, de varios metros de altura. Os soportes son seis cepas de pedra molduradas na parte superior. Con excepción do primeiro gabinete, o resto está pechado con ladrillo e madeira. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten cinco claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis de pedra, con fendas de ventilación horizontais. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal é visible a inscrición coa data só lexible en parte: “(...) POR PEDRO DE FERREIRÓS EN EL AÑO 1856”. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina florenzada con botón central, sobre escocia e base cuadrangular; e pináculo piramidal con bola. Orientado ao NE.

Data do ano 1856, segundo reza no frontispicio, construído por Pedro de Ferreirós. Sempre foi dun único propietario, o que indica que era dunha familia moi adiñeirada, con moitas leiras.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 179)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.742357, -8.696163

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo