Saltar ao contido principal

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Traxeito
Concello
Dodro

Nunha finca privada ao lado da casa nº 3 á que pertence, ao pé dunha pista asfaltada.

Cimentado nunha repisa de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior e encintadas con cemento. Os dous gabinetes situados máis ao norte  están pechados con ladrillo, cunha porta cada un de madeira no lateral leste. O último gabinete está pechado con dúas portas de madeira no lateral leste e ladrillo no lateral oeste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo, cunha capa de cemento na cara inferior. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella plana. Remates: cruz latina alta cos extremos ensanchados de sección cuadrangular, sobre escocia; e pináculo piramidal. Orientado ao NE.

No 2010, a tía do propietario di que acorda toda a vida o hórreo aí. Por factura debe ser antigo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 173)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.742580, -8.698132

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo