- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Rialiño
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situada nunha finca privada xunto a uns cortellos de construción moderna.
Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito, cuxa construción é de mala calidade, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra coa metade superior de cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Os dous penais son de pedra (nos esquinais e lintel) e madeira, con dúas cintas. Os dous pinches son de madeira. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao SW.
No 2010, di a propietaria que debe de ter máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 139)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.735099, -8.695300
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Tallós
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Eiró
Dodro, San Xián de Laíño