Saltar ao contido principal

Hórreo de Rial da Lagoa

Hórreo de Rial da Lagoa - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Rial da Lagoa
Concello
Dodro

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, cuberta de vexetación. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e inferior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, non conservando apenas a madeira, tan só na parede norte do claro oeste pódense ver os balaústres con dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando os penais dos seus respectivos pinches. Penal dianteiro de pedra co van da porta alintelado pero non conservando a folla de madeira.; e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Apenas conserva algún resto da cubrición, tan só no claro oeste, de tella do país. Remates: fermosa cruz latina alta, cos extremos de sección cuadrangular, ancheados, e con molduras, cun motivo decorativo floral no dentro en relevo e inscrito nun círculo, sobre base semiesférica e esta sobre base cuadrangular. O remate traseiro é un reloxo de sol circular rematado na parte superior en tres rolos con motivo floral en relevo no centro e con volutas baixo o rolo do centro. Asenta sobre unha base semiesférica con moldura. Conserva as liñas horarias e o gnomon. Orientado ao NS.

De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. No 2010, a viúva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 131)

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721438, -8.716048

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo