- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No Barrio de Abaixo, xunto a casa chamada O Piñón.
A cimentación consiste nunha repisa alta de cachotaría de granito duns 50/60 centímetros de alto. Os soportes son oito pés a modo de columnas de sección cadrada, colocados de dous en dous, que parece que orixinalmente albergarían algún tipo de peche de madeira, xa que son visibles os rebaixes para encaixar os ferros. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada par de pés. Linteis e columnas de pedra e a cornixa tamén, con moldura. Ten tres claro, con balaústres de madeira e dúas cintas. Porta de madeira no lateral Este. Penal frontal de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con nove fendas de ventilación horizontais e un circular na parte superior (aire do pinche). Con sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Os remates son, na parte frontal, unha cruz latina florenzada nos extremos sobre base discoide e esta sobre unha base cadrada, e pináculo piramidal sen bóla no lado oposto. Orientado ao NE.
No 2010, os veciños comentaron que debía ter certa antigüidade. O propietario (Jorge Pérez Fariña) asegurou que tiña máis de cen anos. Pola súa tipoloxía, parece ter máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 26)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.731868, -8.669448
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo da casa reitoral de San Xoán de Laíño
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Eira de Traxeito (3 hórreos)
Dodro, San Xián de Laíño