- Outras denominacións
- Hórreo de Resúa de Arriba
- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Na horta do seu propietario, xunto a vivenda familiar, nas aforas do núcleo.
A cimentación é unha repisa de perpiaños e cachotes de granito, encintada con cemento e cun espazo no seu interior para uso doméstico. Os soportes son tres cepas de perpiaño, encintadas tamén con cemento, e cunha pedra horizontal na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e por riba tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é da primeira década do século XX, aínda que a súa estrutura probablemente sexa moi anterior, polo menos media centuria. Actualmente en uso.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 235)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.711689, -8.726256
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Eiró
Dodro, San Xián de Laíño