Saltar ao contido principal

Cruceiro do Cemiterio de San Xián de Laíño

Cruceiro do Cemiterio de San Xián de Laíño - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Lugar
A Igrexa
Concello
Dodro

Cruceiro do tipo de fuste ou varal construído sobre unha plataforma con tres chanzos cuadrangulares sobre as que se coloca o pedestal de forma prismática e os bordos superiores chafranados. O fuste comeza en forma cadrada e logo faise octogonal. O capitel comeza cun astrágalo sobre o que se coloca un corpo cilíndrico e enriba deste a parte superior do capitel decorada con volutas e cabezas de anxos con ás nos lados e sobre el un ábaco cos lados redondeados. A cruz comeza en forma cadrada e logo faise octogonal e as puntas dos brazos reálzanse. No anverso figura a figura de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza cunha coroa de espiñas e inclinada á dereita, unha cartela coa inscrición "INRI" e un pano de pureza anoado no lado dereito. No reverso figura a figura da Virxe que descansa sobre unha cabeza de anxo con ás nos lados, cuberta cun manto e cos brazos e as mans apoiadas sobre o corazón.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.724218, -8.714383

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo