- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Na entrada á antiga granxa cinexética de Vigo.
O cruceiro é de granito. O baseamento é cuadrangular con dous graos. O pedestal é cúbico, remata con chafráns. O varal é de sección cadrada con chafráns. A media altura ten unha imaxe de San Francisco. No extremo superior, onde rematan os chafráns e o fuste volve a ter sección cuadrangular, presenta unha pequena cuncha de vieira en cada esquina. O capitel é cuadrangular, con astrágalo cuadrangular liso, e follas de ápice groso e redondo. Con molduras. A cruz é cuadrangular, con brazos con chafráns. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, coas mans pechadas. Con coroa de espiñas e pano de pureza anoado á dereita. No reverso da cruz hai unha Virxe en actitude de orar, coas mans xuntas, con nimbo e sobre peaña.
Ten menos de 100 anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-18)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.716459, -8.695835
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Manselle de Arriba
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro da Igrexa de San Xoán de Laíño
Dodro, San Xoán de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Basoco
Dodro, San Xián de Laíño