- Outras denominacións
- Escola de Imo
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos.
Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación.
A antiga escola unitaria de Imo leva o nome de Avelino Abuín González, coñecido como Avelino Abuín de Tembra, quen naceu o 16 de xullo de 1931 nesta aldea de Dodro e finou en Santiago de Compostela o 2 de marzo de 2009.
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas. Comprometido coa cultura e coa lingua galegas, foi un gran dinamizador cultural.
Foi redactor xefe de La Voz de Breogán de Lisboa entre 1957 e 1958. Foi o creador e impulsor dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), antecesores dos premios Minerva-Peleteiro, e dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966), no colexio M. Peleteiro onde impartía clases de literatura española.
Fundador, xunto con outros intelectuais do Padroado do Pedrón de Ouro en 1964, que viría a ser distinguida posteriormente coma Fundación de Interese Galego, ostentando o cargo de presidente no ano 1996.
Foi secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965. Promoveu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome do poeta de Dodro. Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima. Creou e promoveu a Ruta Rosaliana.
Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega, onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música, que despois dirixiu e presentou en Radio Obradoiro.
Foi o pai do crítico literario Anxo Abuín.
Referencias
Abuín de Tembra, sempre vogando por Galicia
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.714406, -8.724495
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa de Eusebio Lorenzo Baleirón
Dodro, San Xián de Laíño
Arquitectura civil
Finca do Cadaví
Dodro, Santa María de Dodro
Arquitectura civil
Aldea de Bustelo
Dodro, San Xián de Laíño