- Outras denominacións
- Mámoas da Revoltiña
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Coviñas
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Pedra situada á beira do Camiño Real que une Padrón e Rianxo, descrito polo Pai Sarmiento. Unha vez subidos enriba dela faise mover compasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ao seu carón hai outras pedras con ocos que se usaban para agocharse e resgardarse da choiva. Na parte superior ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga. Unha delas semella traballada para facilitar a caída da mesma.
Segundo o libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón: “En Carrais, que se localiza, coma Carrais de Pozo, ó suroeste da aldea de Imo, hai unha pedra de abalar, á beira doutra cabalgada de formas dolménicas. Pasa preto delas o antigo Camiño Real. Unha vez cada mil anos baixa do monte o mesmo carro e as lamias van afondando na laxe a corredoira. Eternidade.”
No Inventario Etnográfico de San Xoán de Laíño realizado pola asociación de veciños no ano 1993, está denominada como Mámoas da Revoltiña coa clave AV001133041.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.707380, -8.726328
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo do Outeiro dos Corvos
Dodro, Santa María de Dodro
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 do Padronelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Arqueoloxía
Castelo do Monte Vilar
Dodro, Santa María de Dodro