- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Época romana-Altomedieval
- Lugar
- Monte de San Gregorio
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Asentamento romano-medieval. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste.
Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar que habería uns muros, mais o seu estado xeral é bastante malo para poder confirmalo. Sobresaen uns penedos no cume que parecen que foron traballadas para asentar lenzos de muros ou estruturas de madeira. Tamén se aprecia unha pequena terraza bastante chan que está cinguido por un parapeto moi esborrallado, mais apreciable nas imaxes LIDAR. Este recinto cinguiría dous curutos rochosos naturais, froito do afloramento das penedías sobre o cume do monte.
Situado a case 200 metros de altitude, ten unha inmellorable visión sobre a bacía do río Ulla e as terras da súa contorna. Tamén se observa o Monte da Muralla, lugar onde se atopaba outra pequena fortaleza ou atalaia.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033009)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.733702, -8.682268
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Pedra Escorregadoira
Dodro, Santa María de Dodro
Arqueoloxía
Petróglifo do Outeiro dos Corvos
Dodro, Santa María de Dodro
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 das Pozas
Dodro, San Xoán de Laíño