Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 1 do Padronelo

Petróglifo Nº 1 do Padronelo - Dodro - Santa Xoán de Laíño
Imaxe: Xoán Xosé Vicente
Outras denominacións
Petróglifos dos Casteláns
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
Imo
Concello
Dodro

Trátase dunha lousa dun perímetro aproximadamente circular, cuns 1,90 metros de diámetro. Nela pódense observar 6 coviñas de entre 2 e 3 centímetros de profundidade.

Aínda que a ficha do PXOM de Dodro dábao por desaparecido co seguinte texto: “a súa ficha o daba como completamente alterado, non o localizamos nas coordenadas, DESAPARECIDO” aplicouse un grao 3 de protección nun radio de 200 metros delimitados por pistas forestais.

Debido a unha corta de madeira de pino por parte da Comunidade de Montes “Cruz do Avelán” nas proximidades da zona de protección, o seu presidente procedeu á solicitude de permiso de corta na delegación de Patrimonio da Coruña. O traballo de campo feito polo arqueólogo Julián Bustelo, contratado por esta Comunidade De Montes, deu como froito a “redescuberta” deste petróglifo.

A denominación O Padornelo non se axeita ao lugar onde se atopa, nin o toponímico e correcto, o seu emprazamento está a escasos 500 metros da outra estación rupestre das mais importantes da comarca como é a de Bouza Badín, na parroquia se San Xoán de Laíño, moi preto da aldea de Imo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Colectivo A Rula

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033018)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.712856, -8.740076

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo