- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- O Outeiriño
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Pombal de planta circular, situado no lugar do Outeiriño, cun diámetro interior de 2,55 metros, unha altura até a cornixa de 3,55 metros e uns muros cun grosor de 80 centímetros.
Este pombal pertencía aos terreos dos Moure (familia con moitos terreos), aínda que agora é do banco. Sitúase illado de edificacións, nun lugar alto, con terreo seco, orientado ao mediodía (imprescindible para as pombas), abrigado dos ventos dominantes e non ten árbores arredor para impedir o asentamento de aves rapina.
Descoñecese o ano de construción, así como o canteiro. Deixouse de empregar a finais dos anos 70. A súa forma é de volumetría cilíndrica e carece de tellado, mais dedúcese que era de cuberta cónica con tella e rematada nunha peza de pedra que sobresae o asoleirado, plataforma onde van os chamados buratos para a entrada e saída das pombas.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_091) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.665820, -8.725168
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pontella de San Salvador
Catoira, San Miguel de Catoira
Obra civil
Muíños de vento do Monte Cabreiro
Catoira, Santa Baia de Oeste
Obra civil
Dique de Patiño
Catoira, San Mamede de Abalo