Saltar ao contido principal

Pontella de San Salvador

Pontella de San Salvador - Catoira - San Miguel de Catoira
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Aragunde
Concello
Catoira

Pontella levantada sobre o río San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme. Quizais pola súa estreiteza, conta con anteparos nos accesos, a efectos de protexer as rodas dos carros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_007) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.660650, -8.706852

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo