Saltar ao contido principal

Dique de Patiño

Dique de Patiño - Catoira - San Mamede de Abalo
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Punta Patiño
Concello
Catoira

Situado nas proximidades da Finca de Patiño no lugar da Punta Patiño e componse de dous elementos estruturais diferenciados. O primeiro é unha plataforma de forma irregular que permite o acceso desde terra, mentres que o segundo é unha prolongación rectangular que se adentra no río Ulla en forma de rampla. Esta infraestrutura facilitaba a carga e descarga de mercadorías ao servizo da finca. A súa construción realizouse con grandes bloques de pedra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_010) - Aprobación inicial de 2012

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.645565, -8.744940

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo