- Outras denominacións
- A Canteira
- Tipoloxía
- Espazos naturais
- Lugar
- Outeiro da Vila
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.
A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local no ano 2008 pola Xunta de Galicia. Ten un volume de 105.000 metros cúbicos de auga e está rexistrada como humidal no Inventario de humidais de Galicia.
Na contorna que hoxe ocupa este espazo, localizábanse as Barreiras de Catoira, formadas por numerosos lugares de extracción de barro.
Referencias
Protección
Espazo Natural de Interese Local (ENIL)
Inventario de humedais de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.661102, -8.730306
Máis elementos do catálogo
Espazos naturais
Esteiro do Ulla
Catoira, Santa Baia de Oeste
Espazos naturais
Carballeira de San Cibrán
Catoira, San Pedro de Dimo