- Tipoloxía
- Espazos naturais
- Lugar
- San Cibrán
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Trátase dunha masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. Os carballos aquí plantados son ofrendas das devotas e devotos, un rito que comezou séculos atrás. Estes son testemuñas das moitas procesións do santo milagreiro no día da festa que se celebra o Domingo de Pentecostes. Antigamente, celebrábase o luns seguinte, posto que coincidía co día número cincuenta da chegada do Espírito Santo.
No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da Ermida de San Cibrán. En torno ao cercado, nas bancadas naturais, agrúpase o público e no interior os participantes encárganse do espectáculo cabalar no que se reúnen os cabalos do Monte Xiabre para cortarlles as crinas, marcalos e vendelos.
O Curro do Xiabre presume de ser un dos únicos curros de Galicia con bancadas naturais. O estado actual de conservación non é bo, con parte do valado perimetral roto, cuberto en parte pola vexetación e falta limpeza nas inmediacións. A última edición celebrouse en 2012, quedando suspendida a celebración en 2013 por falta de acordos da organización.
Ten unha longa tradición, aínda que se descoñece a data exacta da súa primeira edición. Alcanzou o seu máximo esplendor hai algo máis dunha década, para entrar en débil decadencia nos últimos anos, até o punto de aprazar a última edición do 2013.
Durante a fin de semana realízanse todas as tarefas relacionadas coa actividade cabalar: recollida de reses no monte, cortado de crinas, desparasitación e selección e venda de poldros. Os encargados de dobregar aos equinos empréganse a fondo, sofrindo todo tipo de golpes no medio dun intenso rebumbio que, por momentos, fai case imposible adiviñar o que sucede dentro do curro. O marco é incomparable e fresco, aproveitando a sombra dos carballos e as beiras do regato de San Cibrán. Non falta a tradicional verbena, comida e misa solemne.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (A_002) - Aprobación inicial de 2012
Coordenadas (WGS84)
42.649177, -8.700896
Máis elementos do catálogo
Espazos naturais
Lagoa de Pedras Miúdas
Catoira, San Miguel de Catoira
Espazos naturais
Esteiro do Ulla
Catoira, Santa Baia de Oeste