- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1933
- Lugar
- A Ponte
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Edificio de planta rectangular e dous andares que se ergue de forma illada ao carón da estrada. Organizada en rúas, a súa fachada amosa entrepanos pintados en ocre con cantaría visible nos eixos estruturais e na contorna dos ocos de acceso e iluminación, en especial no eixo da composición, onde se dispón un balcón granítico voado. Coroa a edificación un hastial semicircular de pedra que acolle un reloxo e o ano de construción do edificio: 1933. A contrafachada do inmoble acolleu as sucesivas obras de ampliación do inmoble, a primeira delas proxectada polo arquitecto César Portela.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_004) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.666413, -8.722839
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa de Maquieira
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura civil
Escola Feminina de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira
Arquitectura civil
Casa do Souto
Catoira, San Mamede de Abalo