- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Praia de Bamio
- Parroquia
- San Xens de Bamio
- Concello
- Vilagarcía de Arousa
Este cruceiro está asentado directamente sobre as rochas do litoral, é dicir, carece de chanzos na súa parte baixa. Isto provoca que se erga directamente sobre o pedestal (carente de ornamentación), que ten unha forma cúbica e está rematado na súa parte superior en chafrán.
O fuste desta construción é de sección cuadrangular no seu primeiro terzo, mentres que o resto do fuste ten sección octogonal. Localizado xa na parte octogonal, atópase unha pequena representación (mirando cara ao mar) que é identificada co imaxe de Santiago Peregrino, unha figura que apoia a súa man dereita nun bastón, mentres que a esquerda tena erguida cerca do peito. Está vestido co que parece ser unha túnica e leva un sombreiro sobre a súa cabeza (vestimenta de peregrino). O capitel continúa a composición cunha sección octogonal con volutas en catro dos seus lados que rematan nunha decoración vexetal. No medio destas decoracións, aparece a representación dunha cuncha de vieira (símbolo do peregrino no camiño a Santiago de Compostela).
O conxunto está rematado por unha cruz de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas, remates florenzados e botón central, contando con representacións nas dúas caras. No anverso aparece representado Cristo crucificado (mirando cara ao mar-oeste), unha figura de tres cravos (o seu pé dereito colocase sobre o esquerdo para poder colocar un único cravo nestas extremidades). A imaxe caracterízase por estar bendicindo coas dúas mans (ten a man pechada mentres estende os dedos índice e corazón) e levar o pano de pureza (perizoma) atado na parte dereita. Como é común neste tipo de imaxes, sobre a súa cabeza leva unha cartela coa inscrición “INRI”. No reverso aparece representada a figura da Virxe, erguéndose sobre un pedestal. A imaxe da Virxe (mirando cara a terra-leste) caracterízase por ser unha figura de gran dinamismo, en actitude de rezo coas mans xuntas sobre o peito mentres ergue a súa cabeza para mirar cara ao ceo. O máis destacable desta imaxe é o movemento e a plasticidade que posúen as vestimentas o que lle proporciona unha extraordinaria beleza artística.
Este cruceiro forma parte dos cruceiros que conforman o Via Crucis do Mar de Arousa e río Ulla, localizado no litoral do río.
Referencias
Marín Martínez, X. R. e González Pérez, C. Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa. Editorial Galaxia, 2003
Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (45 PHA)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.633212, -8.762459
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro da casa reitoral do Campanario
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio
Elementos relixiosos
Cruceiro do Casal
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio
Elementos relixiosos
Cruceiro do Pedroso
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio